Servizos
Asesoría xurídica xeral
Un servicio para todas as persoas asociadas, a través do que podemos realizar aquelas consultas que precisemos para asesorarnos nos asuntos que máis nos preocupan. Para concertar unha cita basta con pasar pola asociación. A primeira consulta é gratuíta. Ademáis podese acudir a Federación Veciñal "Eduardo Chao" onde outros avogados ofrecen un servicio similar.
Gabinete de atención psicolóxica
Trátase dun servicio de atención psicolóxica dirixido a nenos e adultos, tanto no campo clínico como no educativo, na que a primeira consulta e en moitas ocasións única é gratuita.
Asesoría xurídica para mulleres
Un servicio específico para mulleres, promocionado pola Vocalía da Muller da Federación Veciñal "Eduardo Chao". Unha avogada especialista en temas de xénero que asesora a todas as mulleres que o necesiten en cuestións de separacións, malos tratos, asuntos laborais. Para concertar unha cita basta con pasar pola asociación, a primeira consulta é gratuíta.
Axuda nas xestións
Todas as persoas, socias ou non, que precisan axuda e asesoramento en trámites e xestións poden pasar pola asociación no horario de oficina, de 10.30h a 13.30h e de 16.00h a 21.00h de luns a venres. Continuando así na nosa liña de facilitar o traballo e mellorar a calidade de vida da veciñanza do noso barrio.
Valedores da veciñanza
Un dos servicios máis importantes desta asociación é facer escoitar a voz das persoas que viven en Coia e viven Coia, as suxestións, as queixas, as solicitudes de melloras. Como colectivo veciñal do barrio recollemos e levamos ante a Administración pertinente todas as queixas, reivindicacións, denuncias, suxestións e mellorar así a nosa calidade de vida. Nunha liña de traballo que se rexe pola eficacia e a eficiencia.