Rexuvenecendo o barrio

Pintado da fachada dos edificios

No ano 199.. xestionouse dende a asociación de veciños co IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) o pintado gratuíto das fachadas dos edificios. A uniformidade de cores coa que foi pintado inicialmente gran parte do barrio transformouse nunha amálgama de cores que lle deu o aspecto fresco e alegre que posúe hoxe en día.

Arranxo de tellados cun aforro do 60%

Promeveuse que dende as comunidades de propietarios se solicitara unha subvención para arranxar os tellados, xa que nas obras de pintado das fachadas detectáronse importantes deficiencias nesta infraestructura. Axudouse as comunidades de veciños nas xestións para conseguir axudas de ata un 60% a que optaron na primeira fase un total de 28 comunidades e na segunda outras tantas.

De Coia ó Mar

Proxecto para pintar todo un carril bici de dous quilómetros de longo, que discorre pola avenida Castelao e que xa perdeu toda a súa pintura debido o uso e ó paso do tempo. Un río que quere representar o camiño cara ó mar, para solicitar a prolongación do paseo ata a praia de Samil.